A Assemblea Nacional Catalana é unha organización unitaria e transversal que traballa para conseguir a independencia de Cataluña. Está formada por cataláns e catalás convencidos de que o único xeito de sobrevivir como pobo é a través dun estado propio como o que teñen as outras nacións do mundo.
Participamos de forma individual, sen representar ningún partido, e temos o compromiso firme de non concorrer ás eleccións.
Temos unha folla de ruta que nos marca o camiño e unha estratexia que nos servirá para ampliar a base social do independentismo, convenceremos os que aínda non se sumaron ao proxecto con argumentos claros e simples.
Estamos arraigados ao territorio a través de asembleas territoriais e traballamos coas institucións, como por exemplo os concellos que están adheridos á Asociación de Municipis per la Independència, e coas entidades e organizacións da sociedade civil para conseguir a independencia por vías democráticas e pacíficas.
O 10 de marzo constituímos a Assemblea no Palau St. Jordi de Barcelona. O verán do mesmo ano organizamos por toda Cataluña a Marxa cap a la independència que confluíu na manifestación do 11 de setembro de 2012, con 1.500.000 cataláns detrás da pancarta «Catalunya nou estat d’Europa». Esta manifestación marcou un antes e un despois no proceso de emancipación nacional catalán.
O país é a xente e só a actitude decidida da sociedade civil catalá poderá empuxar a clase política catalá a conseguir o que é un clamor maioritario: a independencia.
Na maioría de vilas e cidades do Vallès Occidental estamos coordinados e fortalecendo a capacidade da ANC.
Vén construír o Estado propio: súmate á Assemblea Nacional Catalana.
gallec